A Policía Nacional informou da aparición dun corpo sen vida nunha praia situada no barrio vigués de Alcabre.
Axentes da unidade científica deste corpo de seguridade desprazáronse ata a zona tras o achado.
O corpo sen vida foi trasladado ao Hospital Nicolás Peña, lugar no que levará á cabo a autopsia.
A persoa aínda non foi identificada e mantéñense abertas todas as hipóteses.