Entrevista co candidato a obter o bastón de mando do municipio polo PSOE, Gerardo Rodríguez.
O Partido Socialista confía de novo en Gerardo Rodríguez para conseguir o bastón de mando do municipio de Oia. Así se oficializou durante este fin de semana durante un acto no que estivo presente, entre outros, o secretario xeral da provincia, David Regades, e a presidenta do partido,Carmela Silva. Rodríguez xa se presentou nas anteriores eleccións como cabeza de lista e leva 22 anos na oposición.
Avanza en Si Radio que a súa candidatura estará renovada nun 30% e que, no caso de que consiga ser o alcalde de Oia, «o primeiro que farei será atender ao saneamento de Oia» porque o municipio «está igual a cando eu nacín».