domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasLouriñaLuz verde á mellora integral das rúas bos Aires e Progreso

Luz verde á mellora integral das rúas bos Aires e Progreso

O Proxecto de mellora da accesibilidade e seguridade na PO-329, financiado e executado pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, conta cun orzamento de 1.100.000 euros

A Xunta de Galicia vén de dar luz verde ao proxecto de mellora integral das rúas Progreso e Bos Aires. O acondicionamento e reordenamento do que é un dos principais accesos ao centro urbano conta cun orzamento de 1.100.000 euros que financiará e executará a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.
“O estado no que se atopan estas dúas vías supón un risco para a seguridade de peóns e vehículos, ademais de ser unha pésima carta de presentación para O Porriño”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo.
Na actualidade as beirarrúas son estreitas, con pavimento antigo e en mal estado de conservación, ademais de impedir a accesibilidade en varios tramos. Os carrís de circulación ocupan a maior parte da calzada, algo impropio dun tramo urbano e a instalación do alumbrado público é antiga e insuficiente. Ademais o mobiliario urbano é escaso e está deteriorado e o entorno carece de xardíns nin zonas verdes.
“O proxecto de mellora abrangue a humanización e reordenación dos itinerarios peonís nestas rúas, mellorando os elementos de accesibilidade (pasos elevados, vados peonís…) e o mobiliario urbano. Tamén se renovará a calzada xa que o firme a fai case impracticable en moitos puntos, co conseguinte risco para a seguridade de vehículos e peóns”, continuou o rexedor. “Proxéctase tamén a mellora do alumeado con criterios de eficiencia enerxética e aumento da seguridade”.
O proxecto de mellora da accesibilidade e seguridade peonil na PO-329 está rematado e será licitado nos próximos meses para a súa pronta execución

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS