A actuación conta cun orzamento de 170.000 euros.
O Concello de Salvaterra de Miño está xa en proceso de licitación das obras de mellora de accesos nas parroquias de Meder, Fiolledo, Leirado e Arantei. A actuación realízase a través do Plan Concellos 2022 e conta con orzametno de 170.000 euros.
O obxectivo é mellorar o firme nos barrios de Igrexa, coto e Monte da parroquia de Meder así como nos barrios de Salgosa, Burgete e chans, en fiolledo e a estrada entre Medóns e Casco en Leirado. No caso de Arantei, actuarase en Pedramoura.
Estas obras enmárcanse dentro do Plan de Mellora de viais Municipais, que pretende incrementar a seguridade vial tanto de conductores como de peóns ao longo da rede viaria municipal. Para iso, o Concello actúa nos «pavimentos e ampliación da plataforma nos casos nos que sexa factible» e mellora «as redes de drenaxe de augas pluviais nas zonas que así o precisen», segundo fai saber a administración local.