lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsO PaísUn detido pola morte a coiteladas de Cristina Buján en Lugo

Un detido pola morte a coiteladas de Cristina Buján en Lugo

A Policía Nacional detivo a un home duns 30 anos pola morte a coiteladas de Cristina Buján, de 42 anos, no dormitorio dela o domingo á noite.

 Manuel Arias, xefe da Policía Nacional:

Os axentes dan por pechada a investigación sobre a autoría do crime de Cristina Buján, a muller de 42 anos, que rexentaba unha tenda no barrio da Milagrosa, en Lugo, e que apareceu acoitelada no seu dormitorio o domingo pola noite.

Un mozo duns 30 anos, de orixe colombiano, foi detido este martes pola mañá como presunto autor do crime.

O presento asasino podería ter coñecido a Cristina na noite do sábado ao domingo e acompañala á súa casa despois de saír de copas.

O caso está baixo segredo de sumario e nas próximas horas prevese que se realice a reconstrucción dos feitos na casa da vítima.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS