Entrevista coa axente da Policía Local, Tania González, sobre o sistema Vioxen.
«A maioría das mulleres que protexemos no Porriño polo sistema de Vioxen son mulleres novas». Así o di a axente da Policía Local, Tania González, sobre o rango de idade das víctimas de violencia machista das que se encarga de protexer dentro do programa de Vioxen do Ministerio de Interior.
O sistema Vioxen é un programa do Interior que, entre outras cuestións, realiza un seguimento e protección ás victimas de violencia de xénero, efectúa un labor preventivo, emite avisos e alertas cando se poida poñer en perigro a integridade. Amais os axentes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado establecen contactos diarios coas mulleres que están dentro do programa.
Podes escoitar a entrevista completa coa axente da Policía Local, Tania González.