O Concello ofrece este elemento de seguridade dun xeito gratuito.
O Concello de Salvaterra de Miño ofrece aos veciños e as veciñas do municipio maiores de 65 anos un elemento de seguridade para as súas vivendas. Trátase dun detector de fume que se coloca «dunha maneira fácil» e que ten «un mínimo mantemento».
As persoas que estean interesadas deben acudir ao Concello para recoller o dispositivo.