Un traballador de 42 anos faleceu en Vigo este xoves a media mañá ao caerlle enriba unha prancha de aceiro cando descargaba un camión.
Accidente laboral mortal no estaleiro Cardama, en Vigo. O accidente produciuse ás 11.10 horas cando el e outros compañeiros transportaban un bloque de aceiro de grandes dimensións, que caeu do camión no que se atopaba caendo á súa vez xusto enriba do operario, empregado dunha subcontrata.
Os sindicatos CC.OO, CIG e UXT convocan unha parada e manifestación para este venres 25, saíndo de diferentes estaleiros ás 9.30h até Praza da Estrela, onde esixirán «maiores medidas de seguridade e retomar dunha vez as mesas do sector naval, entre elas a de Prevención de Riscos que leva máis de 12 meses sen convocarse».