lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasLouriñaAs nenas e nenos lideran a conmemoración do 25 N no Porriño

As nenas e nenos lideran a conmemoración do 25 N no Porriño

O Concello propón actividades que chaman á reflexión contra este tipo de violencia abertas á participación de todo o tecido social do municipio

A concellería de Igualdade do Concello do Porriño, que dirixe Carolina González, no marco da campaña polo Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra a Muller, propón unha serie de actividades que chaman á reflexión contra este tipo de violencia abertas á participación de todo o tecido social do municipio.
Os actos comezarán hoxe con “Golpes”, un monólogo teatral contra a violencia machista producido pola compañía galega a Antena, interpretado pola actriz Estíbaliz Veiga. A peza, que pretende que o espectador e espectadora identifique todos e cada un dos comportamentos ou actitudes machistas propios e alleos e sexa consciente de canto traballo hai por facer aínda para chegar a conseguir un mundo igualitario, escenificarase na Praza Arquitecto Antonio Palacios a partir das 19.00 horas.
A xornada de mañá, 25 de novembro, acollerá o groso da programación. Dende as 12.00 ata as 20.00 horas, o Punto Violeta instalado na praza Arquitecto Palacios levará a cabo unha campaña de difusión e sensibilización para a eliminación da violencia contra a muller.
Xa pola tarde, a partir das 19.00 horas comezarán os actos centrais aos pés do Concello. Este ano os nenos e nenas serán os encargados de abandeirar a loita. Tomando como referencia esta xornada, que se converteu nun día de reflexión e concienciación para expresar o máis profundo rexeitamento a todos os tipos de violencia contra as mulleres, os coles do Porriño presentarán os seus lemas contra a violencia de xénero, estandarte no seu centro durante todo o curso escolar.
De seguido, procederase á lectura homenaxe ás vítimas de violencia machista da que poderá participar toda a cidadanía

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS