domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsO PaísTrece anos de cárcere por matar ao irmán cun sacho en Salceda

Trece anos de cárcere por matar ao irmán cun sacho en Salceda

A sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra impón 13 anos de cárcere ao home que matou ao seu irmán en Salceda de Caselas.

Acusado dun delito de homicidio, coa agravante de parentesco e a atenuante de confesión.

O tribunal popular considerou probado que a intención do acusado foi causar a morte da vítima. Acreditouse que o acusado mantiña malas relacións co seu irmán, que empezou a discutir con el e que, nun momento dado, lle arrebatou o sacho que portaba e lle deu tres golpes na cabeza que acabaron coa súa vida.

A sentenza explica que o xurado atribuíu a causa da morte, sucedida en agosto de 2019, foron eses tres golpes na cabeza, un feito corroborado pola declaración das forenses.

Ademais dos trece anos de prisión, a Audiencia impúxolle a prohibición de aproximarse e comunicarse coa esposa da vítima e cos seus dous fillos durante un período superior en dez anos á pena de cárcere.

Deberá aboarlle unha indemnización aos tres familiares de 800.000 euros.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS