Un traballador dunha canteira da Fonsagrada (Lugo) perdeu este luns a vida tras quedar atrapado baixo unha masa de pedras.
Os feitos sucederon en Vilarín de Riba. Ata alí acudiron os bombeiros de Sarria para tentar liberar por completo á vítima.
«Trátase dun complicado rescate debido á gran cantidade de terra que teñen que mover», explicaronn desde o 112. Os servizos sanitarios confirmaron o falecemento do home.
Á canteira tamén se desprazaron axentes da Garda Civil e voluntarios de Protección Civil da Fonsagrada tras ser alertados polo 112 Galicia, que recibiu a alerta do accidente laboral ás 12.30 horas de hoxe.