Entrevista co director da peza audiovisual, Roi Cagiao.
Nigrán volve este sábado ao 1972 co documental 10 de marzo. Unha peza audiovisual que se proxecta neste municipio do Val Miñor ás 20:00 horas no Auditorio Municipal e que trata os acontecementos que se produciron o 10 de marzo en Ferol, un dos feitos máis icónicos da loita polas liberdades e os dereitos sociais no país durante o tramo final do Franquismo.
Escoita a entrevista completa co director do documental, Roi Cagiao: