Entrevista co candidato a alcaldía na capital da Paradanta, Miguel Domínguez.
«Imos conseguir a maioría absoluta en Cañiza nas próximas eleccións municipais». Así o asevera o que xa é o candidato oficial á alcaldía na capital da Paradanta, Miguel Domínguez, polo Partido Popular. Apunta Domínguez que «estamos en condicións de recuperala».
Nos anteriores comicios, no 2019, o PP obtivo seis edís, ao igual que o PSOE. Foi o concelleiro de Ciudadanos o que lle deu o bastón de mando ao socialista Luis Piña. A candidatura do popular Miguel Domínguez superou en 100 votos á de Luis Piña.
Escoita a entrevista completa aquí: