martes, noviembre 26, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoA Guarda coñece a relación do loito coas mulleres en Galicia

A Guarda coñece a relación do loito coas mulleres en Galicia

A inauguración da exposición é este xoves a partir das 20:00 horas na planta baixa do Concello.

 As testemuñas das 60 persoas informantes, principalmente mulleres aínda enloitadoas e tamén homes que falan do costume de gardar o loito tanto temporal como permanente son as protagonistas na Guarda este xoves. E é que  inaugurase a partir das 20:00 horas unha exposición con diferentes formatos como fotografía e audiovisual, froito do traballo de campo de Rita Más. A investigación levouna a cabo en diferentes cidades e aldeas de Galicia.

A través das historias persoais, explica Más a diferencia que existía entre os homes e as mulleres á hora de introducir o loito logo dunha morte e da dobre discriminación ao tratarse dunha muller que non tiña unha independencia económica.

En Si Radio de Galicia falamos con Rita Más sobre o seu traballo, escoita a entrevista aquí:

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS