martes, noviembre 26, 2024
InicioNewsO PaísVigo inicia a instalación dunha árbore de Nadal de 35,5 metros

Vigo inicia a instalación dunha árbore de Nadal de 35,5 metros

Vigo  terá unha árbore de Nadal de 35,5 metros de altura e xa comezou a súa instalación na Porta do Sol. Será 50 centímetros máis alta que a do ano pasado.

A ábore estará instalada sobre unha plataforma de 1,5 metros de altura, que o fará crecer ata os 35,5 metros de altura, sendo “a árbore máis alta do mundo, este ano con medio metro máis”, adiantou o alcalde vigués, Abel Caballero.

En rolda de prensa o rexedor deu conta doutros dos grandes atractivos, que culminan a súa montaxe estes días. A Bóla de Nadal de Urzáiz, que conta con 12 metros de diámetro e 8 toneladas de peso, e a Caixa de Agasallo da Gran Vía con 17 metros de altura, 8 metros de ancho e 15 metros de percorrido lonxitudinal pola Gran Vía.

Tal e como informou o rexedor, unha vez instalados estes elementos decorativos, o goberno municipal iniciará a montaxe do Boneco de Neve, o Castelo, o Bosque de Nadal, a Estrela e os sets luminosos que imos situar en Policarpo Sanz, na rúa do Príncipe e Eduardo Iglesias. Deste modo a cidade comeza a estar lista para o Nadal, cuxa iluminación se acende o vindeiro 19 de novembro ás 20:30 horas do serán.

Abel Caballero tamén reseñou na rolda de prensa matinal a colocación das plantas do pezseto. Esta figura acompañará o último tramo das rampas de Gran Vía, sobre as que confirmou que “ao longo da próxima semana, empezaremos a colocar os pórticos”.

Tamén indicou que “hoxe arrincarán os traballos de fresado e aglomerado da calzada de baixada de Gran Vía”, co obxectivo de que a semana que vén xa se poidan habilitar dous carrís de subida e dúas de baixada.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS