martes, noviembre 26, 2024
InicioComarcasO CondadoO Rally do Moucho terá unha única categoría de competición

O Rally do Moucho terá unha única categoría de competición

Entrevista con Roberto González, un dos organizadores da proba de regularidade.

O Rally de Regularidade Moucho do Condado, a proba organizada pola Escudería Surco, decide mudar o sistema de competición por primeira vez na súa historia. E é que, segundo explican dende a organización, «decidimos eliminar os 3 trofeos para rematar coa segregación» porque «sabemos que hai mulleres que veñen cada ano e sempre repiten, que lles gusta isto e non ten sentido facer unha clasificación aparte». Refírese a organización ás diferentes categorías que existían nas outras edicións que se dividían en masculino, mixto e feminino.

A 15º edición do Rally de Regularidade Moucho do Condado celebrase o día 19 de novembro a partir das 14:00 horas. A esa hora comeza o evento coas verificacións. A saída oficial será ás 18:00 horas dende A Cañiza. A entrega de trofeos terá lugar ás 00:00 horas no salón de actos da casa da cultura de Salvaterra de Miño.

O moucho sae de noite

Unha das características diferenciadoras desta proba de regularidade é que o 90% da competición transcorre pola noite polo que «a especial dificultade do Moucho reside na mestura de noite e néboa xunto con choiva que acostuma a acomparnos durante o evento». Amáis, admiten toda clase de coches, modernos e antigos, mentres que a maioría de eventos deste tipo están dirixidos a vehículos clásicos.

En comparación a outras competicións como o Sur do Condado, en regularidade non é preciso ter unha licencia federativa e non se empregan vehículos de competción, empréganse vehículos de calle.

Podes coñecer máis datos sobre a proba de regularidade, escoitando a entrevista con Roberto González, unha das persoas que organiza a competición:

O percorrido é secreto, pero o trazado será polas estradas secundarias dos municipios de Covelo, Mondariz, Ponteareas, Salvaterra de Miño e Salceda de Caselas, entre outras.

As persoas interesadas en participan aínda oden inscribirse ata o día 11 de novembro.

 

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS