lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsO PaísO Parlamento dá luz verde a lei do xogo coa oposición en...

O Parlamento dá luz verde a lei do xogo coa oposición en contra

Luz verde a nova lei do xogo de Galicia que entrará en vigor en 2023 e sustitúe a normativa en vigor de 1985. A oposición presentou enmenda a totalidade por considerala «incompleta»

O vicepresidente segundo da Xunta e conselleiro da Presidencia, Diego Calvo asegurou que coa elaboración desta nova lei, que espera que entre en vigor en 2023, o obxectivo é «a prevención» fronte á ludomanía e «a protección» dos menores e os máis vulnerables para establecer un «xogo responsable».

Segundo destacou, trátase dunha normativa «moi dialogada» e consultada co sector e un texto «necesario non só para o sector, senón sobre todo para a sociedade» porque a última lei autonómica data de 1985 e desde entón sufriu un total de 25 modificacións.

Entre as novidades citou a obrigatoriedade de control de acceso en todos os locais para que non entren menores e tamén as máquinas instaladas en locais de lecer e hostalería terán que ter un control de activación, á parte de que se limitará a dous o número de dispositivos en cada local.

Ademais, fixa un mínimo de 300 metros radiais de distancia a colexios, centros de rehabilitación ou outros locais de xogo, e recolle un número máximo de establecementos polo que, dados os que xa hai actualmente, poderán abrir 15, en concreto unha sala adicional, dous bingos, 4 salóns de xogo e 8 tendas de apostas.

A nova normativa supoñerá a creación do Observatorio Galego do Xogo, e inclúe sancións por incumprimentos de entre 100 e 100.000 euros, segundo sexan casos leves ou moi graves, pero poden chegar ata os 600.000 euros.

Para a oposición trátase dunha regulación necesaria, sen dúbida, pero consideran que o proxecto de lei aprobado pola Xunta é «incompleto» e «inconcreto», e a el a deputada do BNG Iria Carreira referiuse como unha «casca baleira».

O deputado do PSdeG Julio Torrado definiuna unha «lei bastante morna e branda que peca de falta de ambición e de valentía».

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS