A programación esténdese todos os sábados do mes de novembro
A Asociación de Veciños Nosa Terra de Pereiras organiza o seu mes cultural que comezará mañá sábado, 5 de novembro, co monólogo de Hermen & Gildo ás 20.30 horas.
A programación continuará o 12 de novembro cunha andaina ás 18.30 horas seguida de magosto ás 21.00 horas, amenizado musicalmente polas Pandereteiras de Tangaraño.
O 19 de novembro ás 20.30 horas actuará o Grupo de Teatro Celado de Cela. E como remate final, o 26 de novembro celebrarase unha gran foliada a partir das 18.00 horas.