Prisión incomunicada e sen fianza para o vigués de 63 anos que presuntamente matou a coiteladas á súa veciña na rúa Zamora, de Vigo.
O xuíz do Xulgado de Instrución número 6 de Vigo decretou este martes o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza, do home detido en Vigo o pasado domingo por matar presuntamente a súa veciña do segundo andar do edificio número 70, da rúa Zamora.
O acusado, de 63 anos, está investigado por un presunto delito de asasinato, segundo fontes xudiciais, e foi trasladado a primeira hora da mañá ao xulgado, que tivo en conta a agravante de aleivosía.
Ata entón, estaba baixo custodia policial desde a súa detención, que se produciu pouco despois de que supostamente matara a coiteladas a súa veciña de 56 anos.
O homicidio se produciu sobre as nove da noite, cando a vítima tentaba entrar na súa vivenda,o domingo.
Os berros da vítima, unha traballadora do hipermercado Alcampo de 56 anos, alarmaron a outra veciña, que saíu ao relanzo para ver que pasaba e posteriormente avisou a comisaría.
Á chegada dos axentes, a vítima estaba morta e tiña varias puñaladas no peito. O presunto autor do asasinato, que se entregou de inmediato, coas mans ensanguentadas.