Un vigués de 63 anos asestou varias coiteladas no tórax á súa veciña, unha muller de 56 anos, ata matala. Investíganse as causas do crime que podería apuntar a un conflito veciñal.
Foi unha veciña a que, alertada polos berros de auxilio, a que acudiu até o domicilio da vítima e avisou á Policía Nacional do suceso. O suposto homicida e a muller eran veciños no segundo piso do edificio e, segundo transcendeu, o home levaba varios días acosando á vítima con notas. Segundo fontes consultadas por este medio, non existían denuncias previas por parte da vítima e o agresor carecería de antecedentes policiais.
Segundo algúns veciños, existía moi mala relación entre eles e definiron ao presunto homicida como un home «conflitivo». Foi el mesmo o que se entregou aos axentes pouco despois de presentarse en lugar do crime cos axentes sanitarios, que nada puideron facer por salvar a vida da muller.
Ao redor das 23:00 horas, a xuíza do Xulgado de Instrución número 6 de Vigo trasladouse até o edificio para realizar unha inspección ocular e procedeuse ao levantamento do cadáver para a realización da autopsia.
O detido pasará este martes a disposición xudicial.
O Concello de Vigo comunicou que decretou o loito oficial e a bandeira a media até en memoria da muller asasinada. Ademais, trasladou o pésame á súa familia e quixo mostrar o seu «rexeitamento a un crime tan terrible