viernes, noviembre 29, 2024
InicioComarcasLouriñaA Xunta mantén aberto o prazo para participar no novo programa de...

A Xunta mantén aberto o prazo para participar no novo programa de voluntariado interxeracional

O Pazo de Mos acolleu esta mañá un encontro informativo sobre esta novidosa iniciativa que ten como obxectivo fomentar os encontros e as actividades entre mozos de entre 16 e 35 anos e maiores de 55 anos para impulsar o seu crecemento persoal e profesional.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, en compañía da alcaldesa, Nidia Arévalo, mantivo esta mañá un encontro informativo no Pazo de Mos para detallar o novo programa de voluntariado interxeracional, cuxo prazo de solicitudes remata o día 27. Este é un dos encontros que está a realizar nas catro provincias a Consellería de Política Social e Xuventude co fin de explicar os detalles desta nova convocatoria.

Nidia Arévalo e Cristina Pichel:

Esta iniciativa desenvolverase no medio rural e permitirá realizar actividades formativas e de intercambio de coñecementos e experiencias entre a xente maior e a xuventude. A finalidade última é abrir novas oportunidades de futuro e perspectivas laborais nas diferentes zonas para a mocidade.

Polo tanto, procurase conxugar o talento e a experiencia das persoas maiores e as inquietudes e a curiosidade da mocidade. O obxectivo é que aquelas persoas de máis de 55 anos compartan o seu coñecemento en ámbitos como a recuperación de oficios, a produción agroalimentaria, a posta en valor do patrimonio e o turismo con mozos e mozas de entre 16 e 35 anos. Estes poderán devolver este coñecemento achegando á xente maior coñecementos en modelos dixitais e tecnolóxicos, entre outros.

O Goberno galego destinará 760.000 euros á posta en marcha desta novidosa iniciativa que se desenvolverá durante os anos 2022 e 2023 principalmente en lugares do medio rural. O programa está dirixido a entidades de acción voluntaria tanto locais como asociativas. Os proxectos deberán estar integrados por grupos interxeracionais e funcionarán por un sistema de parellas, no que cada persoa voluntaria maior de 55 anos encargarase de titorizar a un mozo.

Contías mínimas e máximas
A contía da axuda por proxecto será dun mínimo de 15.000 euros e dun máximo de 25.000 euros, atendendo ao número de persoas voluntarias participantes. No caso de presentarse por máis dunha entidade local conxuntamente, entre 36.000 e 60.000 euros respectivamente. As actividades que se desenvolvan no ano 2022 xustifícanse non máis tarde do 16 de decembro de 2022, o resto deberán xustificarse antes do 1 de novembro do ano que vén

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS