miércoles, octubre 30, 2024
InicioComarcasLouriñaMos avanza para completar o saneamento no municipio

Mos avanza para completar o saneamento no municipio

Iniciadas as obras na Estrada Nacional 550 ao seu paso pola parroquia de Mos, que prevese estean finalizadas de cara a finais de novembro

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, informaron hoxe de que esta semana comezaron as obras de acometida da rede de saneamento na Estrada Nacional 550 ao seu paso pola parroquia de Mos e que se financian con fondos propios municipais.
O Concello de Mos dá os últimos pasos para completar xa totalmente a rede de saneamento no municipio, e acomete a instalación de saneamento na N-550, tramos 5, 6 e 7, na parroquia de Mos, que se prevé quede rematada a finais do vindeiro mes de novembro.
Orzamento
O Concello de Mos financia con fondos propios municipais as obras necesarias para realizar a rede de saneamento nestes tramos da N-550, cun investimento de 72.124 euros.
Con este proxecto darase servizo a 51 habitantes, de 17 vivendas. As obras consisten na canalización das diferentes tubaxes de PVC destinadas á rede de saneamento incluíndo todas as operacións complementarias: escavacións, pozos e reposicións.
No tramo 5 instalaranse 215,85 metros de saneamento, no 6 71,00 metros e no tramo 7 258,28 metros. Un total de 545,13 metros de acometida

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS