domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsO PaísA Xunta activa a alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da...

A Xunta activa a alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Pontevedra

O fenómeno meteorolóxico adverso comezará a últimas horas da xornada deste mércores.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Segunda da Xunta vén de activar unha alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Pontevedra.

 

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa comezará a últimas horas da xornada de hoxe con vento do sur e suroeste de forza 8 e mar combinada con ondas de ata 6 metros no oeste, suroeste e noroeste da costa coruñesa e en todo o litoral de Pontevedra.

 

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

 

Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS