domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasLouriñaA mellora da Estrada da Vía, en Mos, chega a súa fase...

A mellora da Estrada da Vía, en Mos, chega a súa fase final

A obra quedará rematada en breve

O Concello de Mos ten como obxectivo que o viario municipal se atope nas mellores condicións de uso, o que supón un garante na seguridade viaria, é por elo que se realizaron durante este ano 2022, 17 asfaltados no termo municipal, que suman un total de 9 quilómetros de extensión.
Entre eles atópase a mellora da Estrada da Vía, que se atopa moi avanzada e a piques de finalizar, A obra de mellora da Estrada da Vía abrangue a lonxitude total da mesma, de 3,5 quilómetros que transcorren polas parroquias de Tameiga, Dornelas e Torroso. Obra financiada con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra cun importe de 354.928,61 euros.
A actuación abarca unha lonxitude total de 3.522,00 metros, con varios anchos e conleva as seguintes actuacións: actuacións previas, estruturas, execución de firmes e pavimentos, sinalización, balizamento e defensas, e reposicións.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, xunto co arquitecto municipal, Ramón Vega, e a arquitecto técnico, Purificación Barciela, visitou as obras.
Obra na que as actuacións previas incluíron limpeza e desbroce dos bordes do vial, e limpeza de cunetas e noiros. Respecto dos firmes e pavimentos a rehabilitación é mediante regularización da capa de rodadura coa aplicación de 1 cm. de asfalto. Nalgún tramo intermedio da estrada da Vía, debido a que conta cun ancho inferior a 7,00 metros e debido ao alto tráfico que soporta, amplíase a plataforma dentro dos límites das aliñacións do planeamento vixente, para mellora o trazado e posibilitar o cruce de grandes vehículos con maior seguridade.
O recrecido, consiste na extensión dunha capa de rodadura de mestura bituminosa en quente, tipo formigón bituminoso de 5 cm. de espesor, con áridos de desgaste estendida e compactada.
Previa a extensión de dita capa, realizouse unha limpeza e barrido da superficie, para a posterior aplicación do rego de adherencia con emulsión asfáltica.
Asemade, será necesario o recrecido das tapas das arquetas e dos pozos. Repintado de sinalización horizontal existente, pasos de cebra, e sendas peonís existentes.
No que respecta ás estruturas ampliouse o ancho do vial nun tramo de 80,00 metros de lonxitude. Debido a isto foi preciso executar un muro de contención de 10,00 metros e 1,70 metros de altura, para a contención de terras. Con cimentación directa, por apoio sobre o terreo da base do muro. Para a contención proxectouse un muro de gravidade, formado por escollera e/ou pezas de pedra de dimensións adecuadas. Con carácter previo á execución do muro refinouse a escavación ata deixar superficies regulares.
Esta mellora tamén inclúe obras adicionais necesarias para realizar actuacións que non estean englobadas na pavimentación pero que son imprescindibles para que a obra quede perfectamente rematada e garantir totalmente a seguridade viaria. Como obras adicionais considéranse, entre outras o arranxo de beiravías e cunetas. Un exemplo da realización de obras adicionais e a que se pretende realizar de realización de canaletas de formigón, que protexen a zona asfaltada de filtracións de auga e de vexetación. Asemade procedeuse á limpeza e substitución das táxeas existentes, para mellorar a evacuación das cunetas e dos regadíos existentes.
Por último dotarase con sinais de prohibición e obriga co fin de facilitar as incorporacións ás interseccións.

Iniciado o soterramento de columnas de media tensión en Peinador
Coincidindo coas obras de mellora da Estrada da Vía procedeuse tamén ao soterramento de varias columnas de media tensión en Peinador, do que xa está acometida unha parte.
O Concello de Mos cursou solicitude de soterramento das mesmas a Fenosa facéndose eco da demanda veciñal, dado o que estas infraestuturas supoñen, tanto estética como medioambientalmente.
Tras o procedemento previo necesario a tal fin, a eléctrica respondeu afirmativamente á administración local, tras o que presentou solicitude de licenza urbanística para acometer os traballos. Permiso municipal co que conta.
Polo tanto, aproveitando a obra de mellora da Estrada da Vía, iniciáronse os labores de soterramento, simultaneamente e de xeito coordinado. Deste xeito lograrase unha optimización integral dunha das principais zonas urbanas de Mos e dáse resposta á solicitude dos veciños de Peinador, cos que a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, adquirira o firme compromiso de soterrar estas liñas.
A lonxitude total de liña de Media Tensión subterránea proxectada é de 1.526 metros, que discorrerá por nova canalización dentro dunha gabia de 0,4×1,4
metros de profundidade con 4 tubos de polietileno de alta densidade 160mm de diámetro.
O tramo entre o apoio e a primeira arqueta discorrerá por canalización existente. A lonxitude total da canalización proxectada é de 711 metros, con reposición do pavimento actual, o cruzamento coa EP-2603 realizarase con perforación dirixida. Este novo tramo subterráneo irá desde o paso aéreo subterráneo instalado no apoio proxectado en substitución ao existente, aproveitando a cela libre.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS