A saída será ás 20:00 horas dende a Praza do Concello e rematará no Casal.
Volve o roteiro de Samaín a Salvaterra de Miño e o vindeiro luns 31 de outubro terá lugar o tradicional roteiro de samaín, «para que os nenos e as nenas así como os adultos de Salvaterra vivan unha experiencia terrorífica aos mesmo tempo que divertida», segundo fai saber a adminsitración local.
Por grupos organizados, percorrerase diversas zonas do municipio onde estarán agochadas numerosas sorpresas e sustos propios dunha noite especial coo é a noite de samaín. A saída será ás 20:00 horas dende a Praza do Concello e rematarán no campo de fútbol do Casal, onde haberá tamén un chocolate quente para as persoas que asistan.
As inscricións están abertas ata o 28 de outubro no teléfono 623 112 411 en horario de mañá ou no correo barafunda@barafundaanimacion.com. O requisito é que cada participante deberá traer un produto de hixiene ou produto non perecedoiro para o banco de alimentos do Concello.