lunes, noviembre 18, 2024
InicioNewsO PaísLibre e sen carné o detido polo accidente de Ponte Sampaio

Libre e sen carné o detido polo accidente de Ponte Sampaio

A xuíza decretou a posta en liberdade con cargos e a retirada do carné de conducir ao mozo que conducía o coche accidentado o domingo en Ponte Sampaio no que morreu un veciño de Cesantes (Redondela) de 23 anos. O investigado deu positivo en alcol e drogas.

O condutor, que responde as iniciais B. L. C. foi detido o mesmo domingo tras dar positivo en drogas e alcol

Como medida cautelar, impónselle a retirada do permiso de conducir e está investigado por un delito de condución baixo a influencia de alcol e drogas e outro de homicidio imprudente, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Pasou a noite en dependencias da  Comandancia da Garda Civil e este luns pasou a disposición xudicial. Fora detido como presunto responsable do accidente ocorrido ás 11.30 do domingo nunha pista entre A Comboa (Soutomaior) e Acevedo, na parroquia pontevedresa de Ponche Sampaio.

Ademais de B. L. C. veciño de Soutomaior, no Citroën viaxaban dúas mulleres e outro home, todos eles entre 18 e 23 anos, cando se produciu unha violenta colisión contra unha árbore.

O principal impacto recibiuno Omar Ramos, que ocupaba o asento traseiro dereito. Practicamente morreu no acto.

Os outros tres ocupantes, o  condutor e dúas mozas, todos eles veciños de Soutomaior, resultaron feridos leves e tras pasar por centros sanitarios de Pontevedra, a Garda Civil detivo ao piloto por dar positivo en alcol e drogas. 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS