lunes, noviembre 18, 2024
InicioComarcasLouriñaRadioemoción nas aulas en Mos

Radioemoción nas aulas en Mos

O proxecto Radioemoción deu comezo oficialmente no CEIP Pena de Francia coa presenza do conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades Román Rodríguez

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, tamén acudiu ao acto de presentación deste proxecto impulsado pola Asociación Ondiñas de Radio e Podcast de Galicia dentro das actividades do noventa aniversario da primeira emisión de radio en Galicia.

A presentación iniciouse coa visita á exposición itinerante conmemorativa do proxecto para despois iniciar a realización do programa de radio na que o protagonismo recae no alumnado do colexio. Os escolares foron os encargados de formular as preguntas aos entrevistados entre os que se atopaban o conselleiro e a alcaldesa e tamén Francisco Domínguez, xerente da Asociación de Empresarios de Mos e os músicos e autores do himno do Concello de Mos Xulio Lorenzo, Antonio Barros e iAlma. Tamén participou no programa a florista mosense Noelia Sías concluíndo coa entrevista da directora do CEIP Pena de Francia, Elisa María Fernández.

Este proxecto conta coa colaboración de Si Radio de Galicia e a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e estase a desenvolver nun total de 34 colexios públicos de toda a provincia de Pontevedra.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS