Falar durante 100 segundos no momento máis importante da liña e non ter reducido a velocidade antes da curva foron dous dos motivos polos que o exdirector de Seguridade de Adif, Andrés Cortabitarte, responsabiliza ao maquinista do tren do accidente de Angrois, no que morreron 80 persoas e 144 resultaron feridas.
Cortabitarte:
«É impensable que no sitio máis importante dunha liña estea a lle dicir ao tren estou ben e con todo estou a enganar ao tren co home morto e distraendo co teléfono, cando non é así», criticou Cortabitarte no xuízo que prosegue na Cidade da Cultura e engadiu que «O maquinista estivo a falar 100 segundo no sitio máis importante dunha liña. Isto é impensable. Iso non pode facelo. É ilegal»
Cortabitarte: «Se frease catro segundos antes non estariamos aquí» afirmou.
Respecto á velocidade, para baixar de 200 a 80 quilómetros por hora, como debía facer para entrar na curva da Grandeira: «Hai un cadro de velocidades que un maquinista en todo momento debe atender» apuntou.