lunes, noviembre 18, 2024
InicioComarcasLouriñaMos inicia a actividade extraescolar para a obtención do Trinity

Mos inicia a actividade extraescolar para a obtención do Trinity

Neste programa municipal, organizado en colaboración coas ANPAs, participan 233 escolares e o Concello inviste nel preto de 27.000 euros

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación, Julia Loureiro, acompañaron ao alumnado do colexio de Petelos no seu primeiro día da actividade extraescolar de Inglés financiada polo Concello de Mos que comeza esta semana nos cinco colexios públicos do municipio.
No CEIP de Atín-Cela participan da iniciativa un total de catro grupos; 1º, 2º, 3º e 4º, 5º e 6º cursos (total 50 nenos/as). No CEIP de Petelos, 3 grupos; 1º e 2º, 3º e 4º, 5º e 6º (total 42 nenos). No CEIP Mestre Martínez Alonso, 4 grupos; 1º, 2º, 3º e 4, 5º e 6º (total 44 nenos), no CEIP Pena de Francia son 4 grupos; 1º, 2º, 3º e 4º, 5º e 6º (total 54 nenos) e no CEIP Mestre Valverde Mayo son 3 grupos de 1º e 2º, 3º e 4º, 5º e 6º (total 43 nenos). Entre os 5 colexios suman un total de 233 beneficiarios/as desta actividade.
Deste xeito Mos prepara aos seus escolares para o Certificado Trinity e para elo a administración local inviste preto de 27.000 euros. Esta iniciativa promovida polo Concello de Mos faise en colaboración coas ANPAs dos 5 colexios públicos mosenses: CEIPs Atín-Cela, Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos, Mestre Valverde Mayo de Sanguiñeda, Pena de Francia e Petelos. Trátase do Programa Municipal de Inglés curso 2022-2023.
O programa impartirase durante todo o presente curso escolar dentro das actividades extraescolares organizadas polas ANPAs que se realizan nos centros educativos. As clases teñen lugar un día á semana (en horario de tarde), de luns a venres, en cada CEIP, xa que son 5 colexios. O curso finánciao ao 100% o Concello de Mos investindo un orzamento total de preto de 27.000 euros asumindo o custe total dos profesores. Polo que as familias beneficiarias non terán que pagar nada por cada neno/a participante.
Durante o curso prepararase ao alumnado participante para a obtención do Certificado Trinity. Os exames Trinity son probas que outorgan títulos oficiais de inglés recoñecidos mundialmente mediante o Trinity College London.
O programa estrutúrase dividindo ao alumnado en grupos en función dos seus cursos.
Tanto as representantes municipais, Arévalo e Loureiro, como as membros das ANPAs mosenses destacan “a importancia que o inglés ten para o futuro académico e laboral dos nosos nenos e mozos, é unha das claves para o éxito profesional e fundamental para desenvolverse en países do estranxeiro. É una ferramenta imprescindible para eles, da que queremos dotalos para que o futuro de Mos estea o mellor preparado posible”, declararon

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS