Entrevista co alcalde, Julio García-Luengo.
O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra vén de publicar o acordo polo que se crea e se regula o rexistro municipal de persoas solicitantes de vivenda no Concello de Crecente e a incorporación e a adxudicación de vivendas baleiras no municipio. Así, un total de cinco inmobles ponse a disposición dos veciños e das veciñas, ou de calquera persoa, en situaición de vulnerabilidade para acceder a un réxime de aluguer.
Segundo o alcalde, Julio García-Luengo, «o maior problema que temos en Crecente son as vivendas vacías». Escoita a entrevista completa para os informativos de Si Radio aquí: