lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasLouriñaNova zona de aparcamento gratuíto no centro urbano do Porriño

Nova zona de aparcamento gratuíto no centro urbano do Porriño

O Concello está a acondicionar un novo aparcamento disuasorio de máis de 9.000 metros cadrados nunha zona estratéxica

O Porriño habilitará unha nova zona de aparcamento gratuíto no centro urbano. O Concello do Porriño vén de formalizar o arrendamento de dúas parcelas que abranguen unha superficie total de máis de 9.000 metros cadrados nunha zona estratéxica do centro urbano.
Trátase de dous solares situados fronte ao instituto Pino Manso, un de 6.500 metros cadrados que linda co acceso á Risca e a rúa Antonio Palacios e outro de 2.650 metros cadrados que estrema co colexio Hermanos Quiroga.
Este aparcamento disuasorio permitirá estacionar un importante número de vehículos nunha zona de gran afluencia ao estar xunto a dous colexios, o instituto, polideportivo municipal e preto do centro de saúde.
“A falta de aparcamento no centro urbano supón un problema hai tempo e queremos dar unha alternativa aos condutores”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo. “Xa comezamos a acondicionar estes terreos para que na maior brevidade posible estean dispoñibles e en funcionamento”.
Este aparcamento gratuíto súmase a outros dous habilitados recentemente polo Concello na rúa Leandro Diz.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS