Dende o ano 2017 naceron na localidade 37 nenos e nenas.
O Concello de Covelo vén de convocar, por sexto ano consecutivo, as axudas á natalidade. E é que as familias que, nos seis meses previos á adopción ou nacemento, estean empadroadas no municipio recibirán 500 euros de axuda co compromiso de que tamén o fillo ou a filla teña a seu domicilio efectivo na localidade. Trátase dunha medida que busca «afianzar a poboación ao rural», segundo explicou o alcalde Pablo Castillo.
Escoita a entrevista completa aquí: