A partir deste mes, os enfermeiros e as enfermeiras poderán consultar pacientes e mesmo dispensarlle medicamentos de maneira autónoma, sen necesidade de que vexan ao médico. É unha medida de Sanidade para aliviar a Atención Primaria que anunciou o conselleiro esta mañá no Parlamento.
García Comesaña:
O conselleiro de Sanidade, Julio Comesaña, anuncia que a Xunta vai seguir traballando no apoderamento da especialidade de enfermería e que a partir de outubro aprobarán uns corenta novos protocolos para que poidan resolver de xeito autónomo consultas sobre algunhas patoloxías e mesmo dispensar determinados medicamentos.