domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasLouriñaArte no Camiño para seguir a embelecer a contorna do Pazo de...

Arte no Camiño para seguir a embelecer a contorna do Pazo de Mos

Turismo de Galicia subvenciona con 10.000 euros un mural de Doa Oa no xardín do Pazo

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde mosense, Camilo Augusto, a concelleira de Cultura e Turismo de Mos, Sara Cebreiro, e os representantes da Comunidade de Montes de Mos, Manuel Castro e a secretaria, Vanesa Ferreira, visitaron esta semana o mural xa rematado da artista Doa Oa, para o que a CMVMC Salgueirón Mos recibiu unha axuda autonómica de 10.000 euros.

A colaboración da Xunta de Galicia con este fermoso proxecto enmárcase na Liña de Axudas para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago ofertadas pola Axencia Turismo de Galicia para este ano 2022.

O proxecto de mural no antigo depósito da depuradora inhabilitada da granxa de gando vacún e avícola preexistente, que agora se atopa integrado no novo xardín do Pazo, tiña como obxectivo o embelecemento, e integración na contorna natural, do muro da estructura.

O deseño consta de elementos, vexetais, florais e de cultivos agrícolas, en homenaxe á simboloxía do municipio e da parroquia de Mos. As rosas: por ser Mos o Concello da Rosa, flor omnipresente na herálida local (escudo, bandeira e himno actuais) xa desde o Marquesado de Quirós e o seu escudo coa Rosa de Quirós.

A intervención de arte mural procura facer unha homenaxe simbólica da historia do Pazo de Mos e de como ao longo dos tempos foi cambiando de propietarios ata agora, na actualidade é do pobo de Mos. Tal como ilustra a frase de Daniel Castelao «As casas dos señores van ás mans dos labradores» nunha das súas viñetas que fala da abolición dos foros. A composición feita coa representación sintética de dous elementos: a rosa de Mos e a espiga de trigo, son símbolos do reflexo dunha interpretación feita da loita dos Irmandiños, a pesar de que os pazos son após das torres e castelos, a economía de rendas perpetuose ata ben entrado o século XX en Galicia a través dos maiorazgos. No subsconsciente do escritor e intelectual Manuel María podemos ver no seu poema, hoxe cantiga, «O pobo fixo novas sementeiras e xunto ao trigo floreceu a rosa».

Historia e modernidade dánse a man neste fermoso mural de Doa Oa.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS