Unha veciña deu aviso ao Concello hai un mes sobre a perigosidade.
A fachada dun inmoble caiu na Cañiza a primeira hora deste luns. Os feitos ocorreron na rúa Progreso do municipio, ao carón dun salón de manicura e pedicura. Non hai que lamentar danos persoais , pero si materiais posto que dos vehículos, que se atopaban estacionados, sufriron importantes desperfectos.
Unha veciña deu aviso hai un mes ao Concello sobre a perigosidade da facgada dese inmoble que se sítua na rúa Progreso da Cañiza. «Non me fixeron caso, agora o mal xa está feito». Lamenta que «meu fillo saiu da casa sobre as 08:20 horas e as 08:23 horas miña filla xa me dixera que caira a fachada, salvouse por pouco».
Escoita a entrevista completa aquí: