Cunha partida de 7 millóns para os próximos tres anos, Galicia presentou o seu primeiro Plan Galego contra a trata.
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, presentou hoxe na Cidade da Cultura o I Plan Galego contra a Trata como “documento estratéxico”, elaborado mediante un proceso participativo no que tomaron parte unha ducia de entidades que traballan en Galicia coas vítimas desta lacra, que artella medidas e políticas para dar unha resposta integral e coordinada a estas mulleres.
As doce organizacións convocadas -Accem, Cáritas Diocesana de Ourense, Santiago e Lugo, Cruz Roja, Ecos do Sur, Amaranta, Asociación Faraxa, Hermanas Oblatas do Santísimo Redentor de Ferrol, Aliad Ultreia, Médicos do Mundo e Fiet Gratia- forman parte da Rede Galega contra a Trata que colaborou na confección do contido do plan.
O documento recolle políticas para dar “resposta integral e coordinada ás vítimas de trata, principalmente mulleres e nenas, e contribuír así á erradicación desta lacra” apuntou Lorenzana.
Trátase dun instrumento específico de actuación no ámbito de trata con fins de explotación sexual coa aprobación, xa no ano 2010, do Protocolo de actuación institucional sobre a adaptación de medidas de prevención, investigación e tratamento ás mulleres vítimas de trata con fins de explotación sexual, en colaboración coa Fiscalía Superior