A comarca do Salnés volveu vivir esta mañá o rebumbio dunha redada contra o tráfico de drogas en diferentes puntos da provincia de Pontevedra, concretamente na comarca do Salnés.
O operativo centrouse nos municipios de Meis e Ribadumia, aínda que tamén se fixeron intervencións en Meaño, Sanxenxo e Barro. Ademais, practicáronse dúas entradas e rexistros en Ponteareas.
A operación sáldase polo momento cunha ducia de detidos.
A redada execútana axentes da Policía Nacional da comisaría de Pontevedra, e iniciouse á primeira hora da mañá.
Veciños de Ribadumia e Meis viron varios furgóns en distintas rúas.
A operación contou co apoio dun helicóptero, que sobrevoou zonas próximas a Mosteiro, entre outros lugares.