A vicepresidenta terceira e ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribeira, reuniuse con Endesa para analizar a viabilidade da central térmica das Pontes, en Galicia, e aprobouse o peche de dous dos seus catro grupos, mentres que o peche dos outros dous autorizarase «condicionalmente», en función das necesidades eléctricas do país.
No mes de xullo o Goberno central encargara un informe a Rede Eléctrica con alternativas ao gas ruso para asegurar a subministración enerxética e esta central era unha das que se debía estudar.
O peche definitivo dependerá da recuperación da coxeneración e do plan de continxencia.
Así, o desmantelamento seguirá en gran medida como estaba previsto, pois desde 2020 estaba autorizado o peche do catro grupos -cada un deles é capaz de achegar 350 MW- desta central de carbón, pero optouse por actuar con cautela cos grupos que aínda funcionan.
Os dous inoperativos xa poden empezar a ser desmantelados.