Forma parte do Archers Team de Mos e o pasado xullo proclamouse Subcampión de España na modalidade de aire libre, categoría arco composto cadete
Con tal motivo foi recibido pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a Corporación Municipal mosense, no salón de sesións do Concello, para felicitalo polo seu éxito.
Esta nova prata para Xes acadouna no Campionato de España Iberdrola de Tiro con Arco sobre diana ao Aire Libre 2021-2022 que se disputou no Complexo Deportivo Zona Sur da Universidade Complutense de Madrid.
Xes xa se proclamara subcampión no Campionato de España de Arco Composto en Sala, obtendo a medalla de prata na modalidade de arco composto Categoría Sub-18 o pasado febreiro en Marina D’Or. E en 2020 Xes Argüelles xa se erixira Campión de España nesta mesma modalidade pero en Categoría Sub-14.
Participou tamén recentemente no Campionato de Europa celebrado en Lilleshall (Inglaterra, Reino Unido) coa Selección Española de Tiro con Arco. Foi concretamente do 14 ao 21 de agosto e quedou 5º por equipos.