O CPA Rosaleira de Mos e a Federación Galega de Patinaxe organizan a II Fase Categoría Rexional de Patinaxe Artística esta fin de semana no Pavillón Óscar Pereiro
O Club de Patinaxe Artística Rosaleira de Mos e a Federación Galega de Patinaxe organizan esta fin de semana a II Fase Categoría Rexional de Patinaxe Artística, que foi presentada esta mañá no salón de sesións do Concello de Mos polo coordinador de deporte escolar en Vigo, José Manuel Freire Piñeiro; o concelleiro de Deportes de Mos, José Areal, e a coordinadora deportiva do CPA Rosaleira, Beatriz Fernández Bahamonde.
O pavillón Óscar Pereiro acollerá esta II Fase da Categoría Rexional durante o sábado 17 e o domingo día 18, dende ás 09.00 e ata ás 21.00 horas.
Participarán un total de 175 patinadores e patinadoras procedentes de clubs de toda Galicia e de categorías desde benxamín a categoría absoluta con idades comprendidas desde os 6/7 anos ata os 19/20 anos.
Con esta II Fase Rexional a patinaxe artística mosense e galega continúa a súa tempada deportiva tras o descanso estival con moita forza e ganas