domingo, noviembre 17, 2024
InicioNewsO PaísRedada contra a venda ilegal de arte sacro en Pontevedra

Redada contra a venda ilegal de arte sacro en Pontevedra

Unha investigación da Garda Civil iniciada no Carballiño (Ourense) implicou unha redada esta mañá no centro de Pontevedra. A Garda Civil fixo rexistros nun piso e un local a carón da praza de abastos e tamén no Toural, en Vilaboa. O caso está baixo segredo de sumario.

Hai polo menos tres detidos enPontevedra, acusados dun delito de receptación.

A operación ten a súa orixe en Carballiño, diríxea o Xulgado de Instrución número 2 desta localidade e o principal sospeitoso procede desta zona de Ourense.

Unoperativo centrado na compra e venda de arte sacra de procedencia ilegal e os detidos en Pontevedra supostamente comprarían ese material ao seu vendedor principal, pero non se demostrou que soubesen que se trataba de material roubado ou se eran compradores de boa fe.

A operación foi moi visible na mañá deste mércores en Pontevedra co despregue de axentes en distintos puntos da cidade. Participaron axentes de delitos contra o patrimonio da Brigada de Policía Xudicial de Pontevedra e de Ourense, con apoio de funcionarios da USECIC da Comandancia de Pontevedra.

Durante cinco horas, rexistraron a propiedade, de grandes dimensións, e retiraron gran cantidade de antigüidades e de imaxes e elementos de carácter relixioso, así como un computador e unha arma.

As antigüidades foron requisadas e trasladadas a un camión de mudanzas no que, debidamente protexidas para evitar danos, foron trasladadas á Comandancia da Garda Civil pontevedresa. Durante a mañá retiráronse unha vintena de elementos, a maioría de arte sacra, así como pezas de marfil.

Neste domicilio reside un matrimonio xa xubilado e ambos foron detidos, aínda que a muller quedou en liberdade xa no mesmo momento da detención. Atribúeselles a ambos o delito de receptación e realizouse un minucioso rexistro supervisado polos avogados de ambos, unha secretaria xudicial e funcionarios do Servizo de Patrimonio da Xunta de Galicia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS