Cárcere provisional para a muller detida como suposta causante de 5 lumes na comarca de Verín nos que resultaron afectadas vivendas e vehículos.
A Garda Civil detivo a unha muller como presunta autora de cinco delitos de incendio forestal e sete de danos na comarca de Verín (Ourense).
A superficie calcinada polo lume é de 1000 hectáreas. Os incendios producíronse os días 3 e 4 de agosto e afectaron as poboacións de Verín, Rasela, Cabreiroa, Abedes e Sousas.
Varias persoas tiveron que recibir asistencia médica e varias vivendas e vehículos resultaron calcinados.
Chegouse a declarar o nivel 2 de emerxencias debido á proximidade das chamas ás vivendas e industrias nas zonas afectadas.
O xulgado número 1 de Verín decretou o ingreso en prisión da detida.
A Garda Civil ha contado coa estreita colaboración da Unidade de Investigación dos Incendios Forestais (UIFO) da Xunta de Galicia, que recolleu os vestixios sobre a orixe dos incendios. O
Goberno da Xunta destacou, a través dun comunicado, o traballo dos investigadores especializados na criminalística dos incendios para esclarecer o sucedido.