Desde Educación Infantil ata Bacharelato. O curso educativo 2022-2023 comezou hoxe para máis de 310.000 estudantes galegos.
A estimación é de un gasto duns 300 euros por alumno ou alumna entre libros e material este curso.
Este novo curso de setembro a xuño esta´ra marcado pola fin das restricións relacionadas coa pandemia. Só será preciso a máscara no transporte escolar.
Os estudantes deberán por máscara, iso si, en caso de sospeita de covid ou positivo.
A implantación da nova lei educativa, a LOMLOE, tamén trae cambios en primeiro, terceiro e quinto de primaria con novos libros de texto. Tamén en secundaria haberá cambios, catro modalidades no bacharelato e novas materias na ESO.
Neste curso 2022-2023 volve a normalidade completa ás aulas. Nin grupos burbulla, nin espazos reducidos nin máscaras, todas esas medidas decaen definitivamente neste primeiro curso pospandemia.