A biblioteca municipal acolle dúas actividades de fomento da lectura, a primeira delas Superheroe, estes xoves
O programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Xunta de Galicia en colaboración co Concello do Porriño ofrece este mes dúas actividades para achegar á veciñanza a lectura dunha maneira lúdica e atraente.
A primeira delas será o xoves 8 de setembro. A compañía Culturactiva trae á biblioteca “Superheroe”, un espectáculo para toda a familia que combina maxia e comedia da man do prestixioso clown galego, Fran Rei. O espectáculo comezará ás 19.00 horas.
A segunda será o xoves 15 de setembro, á mesma hora. A compañía Larraitz representará “A festa dos monicreques”. Con poemas, cancións e sobre todo monicreques, contarannos moitas historias que nos farán rir e aprender.
Con estas actividades o Concello pretende reforzar o carácter de espazo aberto da Biblioteca Municipal, fomentar a lectura e, ao tempo, valor o libro como elemento de transmisión de coñecemento e de reflexión