viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasLouriña“Punto de encontro” no Círculo do Porriño

“Punto de encontro” no Círculo do Porriño

O Círculo Recreativo Cultural do Porriño acolle a mostra que recolle os traballos dos artistas da asociación O Porriño Arte.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, acudiu onte ao acto inaugural da exposición “Punto de encuentro”, composta por 44 obras que acreditan o talento e boa técnica dos artistas que compoñen a asociación dirixida por Nuria Vilanova.
Andrea Cardoso, Rosa Pereira, Raquel Souto, Ana Carrera, Adela Crespo, Antía Lorenzo, Chola Amoedo, Pepa Carrera, Susana Carballas, Martina Caride, Breixo Paz, Mara Vicente e Candela Eiras expoñen o resultado do traballo de todo o curso.
“O Porriño é moito máis que o Concello do Deporte, tamén é o Concello da Cultura e proba diso son colectivos como O Porriño Arte que plasman sobre o lenzo a creatividade, o talento e a técnica artística da veciñanza do Porriño”, explicou o alcalde. “Por iso convídovos a todos a descubrir os seus traballos neste punto de encontro coa arte, que estou seguro non vos deixará indiferentes”.
A mostra permanecerá aberta ao público no Círculo Recreativo e Cultural do Porriño durante todo o mes de setembro, en horario de tarde.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS