O seu nome era Antonio, tiña 77 anos, e vivía na coñecida como Costa de San Gregorio.
Atopan a un veciño de Ponteareas na súa casa que levaba morto varios días este venres no municpio. O seu nome era Antonio, de 77 anos, e foi un amigo o que deu a voz de alarma. Este amigo botouno en falta na súa cafetería de sempre, na que compartían momentos. Foi entón cando chamou a outro bar do municipio no que tamén Antonio pasaba tempo. Nese bar «tamén había semanas que non o miraban», según explica para Si Radio.
Diante desta situaicón, o amigo, alertado, avisou á Policía Local e á famiia do falecido. Dirixiuse cara a vivenda de Antonio, que se sitúa pola coñecida como Costa de San Gregorio e, logo de chamar varias veces ao timbre, ninguén saiu á porta. Cando chegaron os familiares e accederon á casa, atopáronse con Antonio falecido na cociña. Acudiron ao lugar Policía Local, Bombeiros e unha ambulancia medicalizada pero soamente poideron certificar a súa morte e que levababa morto varios días.