domingo, noviembre 17, 2024
InicioNewsO PaísFalece un bombeiro vigués en prácticas de 24 anos en Santiago

Falece un bombeiro vigués en prácticas de 24 anos en Santiago

Un bombeiro en prácticas do parque municipal de Santiago faleceu este martes, 30 de agosto, durante un operativo en Aríns, no lugar da Cacharela. El estaba como observador cando o autobús se desprazou e o atropelou.

Foi ás 8 da mañá deste martes cando o Parque Municipal de Bombeiros de Santiago recibiu aviso polo lume dun autobús da empresa Rías Baixas, que presta servizo na parroquia de Aríns.

Vinte minutos despois os Bombeiros chegaron ao lugar e, cando estaban a montar o operativo para apagar as lapas, o autobús desprazouse «de maneira sorpresiva», e atropelou mortalmente ao bombeiro en prácticas, o vigués Jorge Corbacho, de 24 anos.

Sobre as causas e a orixe de lume neste vehículo, o Concello mantén que aínda se descoñecen.
O bombeiro acudira a Aríns pero como observador, non estaba a participar de maneira activa no dispositivo.

O servizo de emerxencias 112 Galicia, puntualizou sobre este accidente que o autobús aínda seguía en lapas cando se precipitou cara ao camión de bombeiros, e o home falecido quedou entre os dous vehículos, de onde o sacaron os seus compañeiros ferido de gravidade e tentaron reanimalo.

O Concello de Santiago lamentou este tráxico suceso e únese á dor da familia, amigos e compañeiros do bombeiro.

Tamén desde o 112 Galicia manifestaron o seu pesar por este falecemento e trasladan o seu agarimo aos achegados da vítima. Pola súa banda o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, desprazouse até a parroquia de Aríns para mostrar as súas condolencias e deu o pésame aos «compañeiros de traballo que están a vivir este momento con auténtica desolación».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS