domingo, noviembre 17, 2024
InicioComarcasLouriñaO Porriño acomete a reparación do camiño derrubado na Arrotea, en Pontellas

O Porriño acomete a reparación do camiño derrubado na Arrotea, en Pontellas

As obras supoñerán unha inversión de máis de 17.200 euros que se financiarán con fondos propios.

O Concello do Porriño, a través da concellería de Vías e Obras que dirixe Ramón Porto, inicia a reparación do muro de contención dun camiño na Lameira, en Pontellas. 

Trátase do muro que sustenta o camiño que vai dende Corzón á Lameira , no que se teñen producido desplomes que manteñen inoperativa parte da calzada nese tramo. 

“Esta situación leva anos requerindo unha intervención de urxencia, xa que hai un enorme perigo de desplome e o estado no que se atopa supón un gran risco para vehículos e peóns”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “O vial neste momento, e dende hai anos, non é seguro”. 

As obras a executar para a reposición do servizo no vial contan cun orzamento de 17.120,84 euros que se financiarán con fondos propios. Os traballos comprenden a execución do muro que da soporte á calzada, o recheo de compactación do trasdós e a reposición da calzada. 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS