domingo, noviembre 17, 2024
InicioNewsO PaísA Xunta estuda usar auga do encoro de Ordes pola seca do...

A Xunta estuda usar auga do encoro de Ordes pola seca do Tambre

O Goberno Galego estuda a posibilidade de utilizar a auga do encoro de Vilagudín, en Ordes (A Coruña), como reserva en caso de necesidade ante a situación de prealerta por escaseza de auga declarada a semana pasada na conca do río Tambre.

O xerente de Augas de Galicia Gonzalo Mosqueira reuniuse este mércores cos representantes dos 21 municipios dependentes do abastecemento da conca de Tambre e os ríos que desembocan na ría de Muros-Noia.

O encontro serviu para abordar de forma conxunta as medidas para adoptar polos municipios afectados, recollidas no Plan de seca da demarcación hidrográfica Galicia-Costa, debido ao estado de prealerta por escaseza.

Os municipios afectados pola nova situación son os de Santiago de Compostela, Ames, A Baña, Brión, Cerceda, Frades, Lousame, Mesía, Muros, Negreira, Noia, O Pino, Ordes, Oroso, Outes, Porto do Son, Rois, Tordoia, Trazo, Val do Dubra e Vilasantar.

Os caudais actuais rexistrados na conca do río Tambre, cuxa estación de referencia rexistrou valores de 3,61 metros cúbicos por segundo durante o último mes, mentres que a media histórica sitúase é de 5,4 metros cúbicos por segundo, de maneira que se reduciu arredor dun 20 %.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS