domingo, noviembre 17, 2024
InicioNewsO País"A solución definitiva para o abastecemento de auga en Ribadavia ten un...

«A solución definitiva para o abastecemento de auga en Ribadavia ten un custe de máis dun millón de euros»

A alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez, explica para os informativos de Si Radio que o municipio ten que volver ás restricións.

 

Ribadavia ten que volver ás restricións por mor da seca. E é que desde a empresa concesionaria de auga municipal, AQUALIA, vén de dar aviso de que «continúa o descenso da auga dispoñible», segundo fai saber o Concello. Pola contra «o consumo rexistrado mantén unha tendencia á alza polo que os técnicos da concesionaria consideran necesario retomar o protocolo de cortes de subministro das pasadas semanas co fin de recuperar o depósito».

O Concello retomou esta semana o proceso de transporte de auga en camións cisterna, «traballando día e noite en xornada intensiva». Amáis, a administración local está realizando obras para conseguir a captación temporal do río Avia. Con todo, a solución definitiva, di a alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez, «ten un custe de 1.500.000 euros».

Escoita a entrevista aquí:

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS